O CD Lugo recuperou o coliderato nunha noite na que o empuxe da súa afección foi clave. Os de Francisco impuxéronse por 1-0 a Osasuna nun partido intenso no que un gol de Cristian Herrera foi suficiente para facer valer o dominio local.
Chegaron os albivermellos a un Anxo Carro repleto de afeccionados, que responderon á convocatoria realizada por varias penas a través das redes sociais. Comezaron os branquivermellos a un Anxo Carro repleto de afeccionados e cunha actitude dominante, buscando a posesión do balón. O primeiro contratempo sufriuno Osasuna que vía como o seu capitán, Oier, debía abandonar o campo con tan só 10 minutos no reloxo. O partido seguiu nos primeiros 20 minutos o guión propio dos partidos do Lugo na casa. Dominio da posesión e elaboración paciente do xogo, mentres Osasuna pechaba ocos e buscaba as súas opcións á contra. As ocasións foron dos albivermellos, pero ningún equipo foi capaz de adiantarse no marcador antes de que Areces Franco decretase o descanso.
A segunda metade comezou con ambos os equipos moi pechados e predominancia do xogo no centro do campo. O Lugo tivo unha ocasión inmellorable para adiantarse, pero Sergio Herrera salvou milagrosamente un remate de Fede Vico no ára pequena, tras aproveitar un rexeite de Mario Barco. O premio á insistencia local chegou da man de Cristian Herrera. A presión do punta Gran Canario provocou un erro na entrega de Ariane, que Cristian, tras dous recortes converteu no tanto da vitoria. A partir deste momento o Lugo tivo os seus mellores minutos, trenzado xogadas de mérito. Os homes de Francisco, souberon levar o partido ata o final con esa vantaxe. O CD Lugo recupera o coliderato e fíxoo ante un dos grandes da categoría. Toca seguir soñando, partido a partido. O próximo o domingo 3 fronte ao Sevilla Atlético.