O Concello de Lugo abriu este venres o prazo de inscrición para matricularse nos cursos de natación para nenos e adultos que se impartirán nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras dende outubro a decembro.
Así o avanzou esta mañá o Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, quen lembrou que “o prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o vindeiro mércores, 9 de setembro, en ambas as dúas piscinas. Os interesados deberán inscribirse na piscina na que desexen pracicar natación”.
Posterioremente, do 16 ao 21 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula. O 23 e 24 de setembro será o período de matriculación para os lucenses que quedaran en lista de espera e o 25, a matrícula para cubrir as prazas libres. Todos os trámites de matrículación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa.
“O Concello oferta unhas 1.280 prazas para os cursos de natación, 984 na piscina de Frigsa e 295 na das Pedreiras”, anunciou Díaz Grandío, quen lembrou que para adultos, o Concello ofrece 500 prazas en Frigsa e 147 nas Pedreitas, e para os máis cativos, 484 e 148, respectivamente.
O custe mensual dos cursos para adultos será de 22,90 euros pola asistencia 2 días á semana e 30,50 por tres días. Para os nenos e nenas, o custe mensual de 2 días á semana é de 18,40 e 24,60 para tres días semanais. As clases terá unha duración de 40 minutos.
Toda a información sobre horarios está dispoñible na páxina web www.lugo.gal ou no teléfono de información cidadá 010.