1.397 películas aspiran a figurar na programación da XLIII Semana de Cine de Lugo

Ata este momento, a organización da XLIII Semana de Cine de Lugo, ten recibido un total de 1.397 películas (entre curtas e longametraxes) que aspiran a figurar na programación desta cita lucense coa sétima arte, que se celebrará do 20 ao 26 do próximo mes de setembro, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Destas películas, 1.275 foton presentadas a través da plataforma Festhome, 96 recibíronse de Click for festival, e 26 foron enviadasde xeito individual polos seus produtores.

Só no último fin de semana, foron presentados un total de 150 filmes.

A admisión de películas permanecerá aberta ata o próximo dous de maio, ás 12,00 h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com