Policía Autonómica

11 denuncias e 43 identificacións nos controis de medidas ante a Covid da Policía Autonómica

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada ponte festiva 18 dispositivos en sete concellos da provincia de Lugo, nos que foron tramitadas 11 denuncias, seis delas por incumprir o horario do toque de queda e outras cinco por fumar sen gardar a distancia de seguridade.

En concreto, entre o xoves e o domingo, os axentes realizaron controis nos concellos de Lugo, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei e A Pastoriza.

Estas accións realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas fronte á covid-19 adoptadas polas autoridades competentes, e saldáronse con 43 persoas identificadas.

Os dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com