Lugonovo solicita á Comisión de Desenvolvemento Sostible que se amañen os inmobles abandonados

Ante a existencia de numerosos inmobles que se atopan nun estado de total abandono, o grupo Municipal Lugonovo trasladou á Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal un rogo relativo a un destes edificios, en concreto ao situado na ronda da Muralla

No rogo, Lugonovo expón que “o inmoble sito no número 48 da Ronda da Muralla atópase nun estado de total abandono e degradación, supoñendo un risco para viandantes e vehículos, e dando unha pésima imaxe da cidade posto que se atopa á beira dun monumento Patrimonio da Humanidade como é a Muralla Romana”.

Tendo constancia de “que xa acumula numerosas sancións administrativas derivadas da non efectuación da orde de execución interposta polo Concello”, Lugonovo solicita ao Concello que “inicie o antes posible un expediente de execución subsidiario a costa  da persoa ou persoas que ostentan a propiedade do edificio, co fin de avanzar no procedemento de adecuación do inmoble a unhas condicións acordes coa legalidade urbanística”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com