O plan da entidade ferroviaria chega logo das protestas realizadas estes días pasados pola plataforma Lugo… non perdas o tren. Ditas medidas consistirán basicamente en incrementar as frecuencias co fin de que os novos horarios permitan aos habitantes da provincia dispoñer duns horarios mais acaidos para as viaxes á capital do estado..
A directora xeral de operacións da entidade, Berta Barrero Vázquez, respondeu deste xeito ao deputado lucense García Díaz, quen lle fixo chegar as inquedanzas da sociedade lucense polo feito de que a posta en marcha o pasado día 1 de febreiro de novos servizos entre Galicia e Madrid non resolvía de forma satisfactoria as comunicacións coa provincia de Lugo.
Renfe está a pechar os detalles e os flocos que todo novo servizo conleva, xa que se require a coordinación con outros entes, pero García Díez entende que, cando se confirmen estas noticias, “Lugo verá mellorada a súa comunicación ferroviaria con Madrid, o que levará tamén a mellora das conexións entre A Coruña e Lugo e de Lugo con Monforte e Ourense.
Segundo o popular, “os novos servizos, ademais de contribuír a mellorar as comunicacións ferroviarias, xerarán máis demanda”, o que, ao seu xuízo,”levará a seguir traballando para dar respostas paulatinas á demanda social existente en Lugo”.