12 casos menos ca onte de Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo con 12 casos menos  que hai 24 horas. No día de onte a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informaba que os infectados por Covid-19 era de 160 na provincia, dos cales 138 pertencían ao brote de A Mariña.

Na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 218, 6 menos que onte; deles 31 son da área da Coruña, 148 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.054 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 231.082.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com