12 novos afectados por Covid-19 elevan a 64 os casos activos na área sanitaria de Lugo

Un día máis continúan a aumentar os casos activos por coronavirus na provincia de Lugo. Nas últimas 24 horas o número de afectados elevouse a 64, é dicir, 12 máis que onte, o que sitúa a área sanitaria de Lugo na terceira con máis casos positivos en Galicia, por detrás da área sanitaria de Vigo con 122 casos e  A Coruña con 73. En canto ao resto de áreas sanitarias galegas, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que os casos activos por Covid-19 son 18 na área de Ourense, 6 na de Pontevedra, 24 na de Santiago, e 10 na de Ferrol. O total de casos en Galicia é de 317.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 313 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 188.328.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com