Logo da nevada que caeu o pasado venres e que deu lugar a que moitos lucenses se achegasen hoxe domingo a Pedrafita do Cebreiro para gozar do manto branco, unha nova fronte atravesará Galicia na mañá do luns e activará de novo a alerta amarela por fortes ventos no litoral, moderado no interior e chuvia, que poderá vir acompañada de saraiba e treboadas, durante a primeira metade do día, segundo informa Meteogalicia.
Xa pola tarde haberá alternancia de nubes e craros, con chuvascos máis probables na metade norte e máis ocasionais no sur da provincia. En canto a cota de neve situarase nos 800 metros nas primeiras horas e irá ascendendo co avance do día ata os 1000 metros.