O concello de Lugo instalará antes do verán preto dun cento de prazas gratuítas de aparcamento para estacionar bicicletas en varios puntos da cidade. O consistorio xa adquiriu os aparcabicis, que se atopan nas instalacións municipais á espera de concretar a ubicación definitiva, que se abordará nunha reunión entre representantes do concello e a Policía local.
Este proxecto dá resposta a dúas peticións veciñais recollidas nos Orzamentos participativos e con el, o Goberno local pretende fomentar a circulación en bicicleta fronte ao automóbil.