A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Unidade Militar de Emerxencias mantén despregados 137 efectivos e 56 vehículos para colaborar nas tarefas de extinción do incendio de Ribas de Sil.
Os medios, do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V) da UME, proceden do equipo de intervención que está activado durante o verán na Base Xeral Trasfogueiro en Pontevedra e de Baséea Conde de Gazola de León.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, desprázase de novo esta mañá á zona para supervisar o dispositivo e entrevistarse cos mandos da Unidade desprazados.
Ata o momento, o BIEM V interveu cun subgrupo con dúas seccións de intervención, un núcleo de apoio operativo con Policía Militar, Equipo de Máquinas, e unha unidade de apoio loxístico. Así mesmo despregouse un oficial de ligazón ao Centro de Coordinación Central da Xunta en Santiago.
O Posto de Mando Avanzado estableceuse en Margaride de Lor (Quiroga-Lugo) e a Base Loxística nun polideportivo de Quiroga (Lugo).
Nas últimas horas, a UME traballou na defensa de Interaz Urbano- Forestal na poboación de Carballo de Lor e Pozos; ataque directo mediante uso de lume técnico en flanco oeste, evitando que as lapas excedesen a estrada LU-933; defensa da poboación de Ou Pacio e Beirán con lume técnico e ataque directo con autobomba, e ataque directo con apoio de maquinaria na cabeza do incendio ao sur da localidade de Salcedo.
Set 07, 2021 - 01:17 PM
So os da ume estan a traballar? 🤨