Os resultados da probas científicas do asasinato de Tatiana Vázquez poderían coñecerse esta semana

O avogado do mozo senegalés único acusado do asasinato de Tatiana Vázquez agarda que ao longo desta semana cheguen os resultados das probas científicas practicadas para esclarecer o caso.

O letrado Cesar Lodos, agarda que ditas probas amosen a inocencia do seu defendido, que nega ser o autor do asasinato de Tatiana.

“Esperemos que ao longo desta semana cheguen os resultados que estabamos agardando e poidamos ver se hai algún indicio que apunte a el. El segue mantendo a súa inocencia, el segue tranquilo e eu sigo convencido en que así é”, subliñou Lodos.

Tatiana Vázquez aparecía morta a coiteladas no seu coche situado na rúa Montirón, en Lugo, hai preto dun mes. Polo momento o único sospeitoso do asasinato é o seu ex mozo, un rapaz senegalés de 30 anos que permanece en prisión provisional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com