154 lucenses desempregados comezarán a traballar grazas ao Ben Empregado 4

O Executivo Provincial aprobou esta mañá en Xunta de Goberno os 154 novos postos de traballo para lucenses no paro en entidades da provincia grazas ao Ben Empregado 4, máis social. Trátase da última edición deste plan de emprego dotado con 2,2 millóns de euros do Executivo Provincial, dentro da súa aposta por xerar emprego de calidade, defendendo a igualdade e os dereitos dos traballadores. O organismo provincial publicará os perfís dos traballadores e os lucenses seleccionados en http://benempregado.deputacionlugo.org/index.php. Unha vez notificados os novos empregos, as empresas e entidades terán un prazo de 5 días hábiles para realizar as contratacións.

Ademais, a semana que vén tamén se publicarán os 27 postos, que quedaron desertos do Ben Empregado 4, aos que se poderá inscribir calquera desempregado lucense. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “destes 135 novos postos postos de traballo que xeramos dende o Goberno da Deputación en 30 Concellos da provincia, é dicir, o 88% son contratos a xornada completa, e 16 son contratos indefinidos, que se suman aos 60 acadados nas anteriores edicións do Ben Empregado, dentro do noso compromiso con todos os lucenses na creación de emprego estable e de calidade que protexa os dereitos dos traballadores”.

“Son 14 persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral as que comezarán a traballar en entidades da provincia a través desta última edición do Ben Empregado. Estes novos contratos súmanse ás 50 persoas de colectivos vulnerables que atoparon traballo grazas as políticas de emprego que levamos a cabo dende o Goberno da Deputación. É unha satisfacción ver que o labor que estamos realizando dende o Executivo Provincial é útil e acada bos resultados para todos e cada un dos nosos veciños, dentro da nosa firme aposta por facer desta institución unha Deputación sumamente social, rural e que traballa por e para as persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com