Dezaseis alumnas e alumnos cursan na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, de Sober, o único ciclo de formación profesional na provincia de Lugo dedicado ao mundo do viño. Este centro é un dos catro que en Galicia imparten estas ensinanzas que permiten obter o título de técnico superior en vitivinicultura.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Luís Fernández Gutián, coñeceron esta mañá, nunha visita ao centro, o funcionamento do novo ciclo que capacita para traballar neste sector que ademais rexistra unha crecente demanda de persoal cualificado.
“Ten todo o sentido que unha zonas produtoras de viño máis importantes de Galicia, como é a Ribeira Sacra, poda contar con formación específica e especializada, para formar a futuros profesionais que sigan apostando polo produción de vides e viño, para seguir creando caldos de excelente calidade“-explicou Balseiro.