Hoxe rematou en Lugo a 38 edición da Semana Internacional de Cine de Autor na que se proxectaron máis de cen longametraxes. A clausura asistiron entre outras autoridades a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Dario Campos a Deputada da Área de Cultura, Pilar García Porto e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira.
No transcurso do acto que tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, deuse a coñecer o palmares desta edición que tivo como gañadora a película peruana dirixida por Palito Ortega Matute A CASA ROSADA, cunha puntuación de 2,62
O resto das películas presentadas á Sección Oficial obtiveron as seguintes puntuación:
ATACADA. A TEORIA DA DOR (de Aldo Miyashiro), 2,07 puntos.
CULPABLES (de Tomás Aceituno), 1,84 puntos.
TODO SAIRÁ BEN (de Jesús Ponce), 1,70 puntos
MELLOR PELICULA SECCION CINEMA GALEGO
Premio do Público (300 e Trofeo). Para a película dirixida por Miguel Morais Molina “RANCOR”.
MELLOR PELICULA SECCION AS CURTAS TAMEN SON CINEMA
Premio do Público (300 e Trofeo). Para a película dirixida por David Bartan COMING THO TERMES.
O Xurado da 38 SICA acordou conceder ás seguintes películas unha MENCION ESPECIAL:
TEMPO (de Manuel Valcárcel).
PENSAMENTOS DE NIL (de Dani Andreu)
EN TRANSITO (de Oskar Tejedor)
BOXING FOR FREEDOM (de Juan Antonio Moreno e Silvia Venegas)
ALPUXARRAS (de Rafael Toba)
UNHA MULLER QUE PASA/SILENCIO (de Xosé Antón Bociña Rei)
CRETINOS (de Edu Moyano)
A CONDENA (de Marc Nadal)