Este domingo continuou o programa conmemorativo do Día da Muller coa celebración da 16ª Andaina pola Igualdade, que reforzou a Muralla como símbolo das Mulleres con Forza, a marca cidade creada pola entidade local para acoller o movemento reivindicativo dos días 3 e 8 de marzo. A Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, particpou na marcha, na que medio cento de mulleres, homes, nenos e nenas, camiñaron dende a Praza Maior cara o adarve da Muralla.
A programación sociocultural organizada segue o próximo xoves, 14 de marzo, ás 20.00h, coa función teatral As Bolas Máxicas, de Microefectos Dramatúrxicos, e o concerto de Silvia Chigliak. Ao día seguinte, tamén ás 20.00h, continuarán os Faladoiros Feministas coa intervención de María Xosé Agra (Son as Mulleres Vulvenrables: pensando a xustiza e a igualdade). O día 20, ás 20.30h., no auditorio Gustavo Freire, terá lugar a representación de Tabú. Tarabela Creativa, por Carmen Conde, e o 29, a mostra coloquio Danzas Femininas, no Vello Cárcere.