180 arqueiros participan no Valadouro no Trofeo Federación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistiu este domingo, no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro, á primeira cita do calendario de tiro con arco, inaugurando o Ránking Autonómico Unificado para a tempada 2018-2019. Preto de 180 arqueiras e arqueiros chegados das catro Provincias participan nesta cita deportiva. Ademais, estan presentes actuais campións de España como o Pontes Miguel Alvariño na absoluta de Arco Recurvo Home; Óscar Casal na absoluta de Long Bow Home ou Melania Sanjorge na absoluta de Low Bow Muller. A Federación Galega de Tiro con Arco e o Club Castelarco do Valadouro co que colabora a Deputación, son os encargados da Organización do evento, que se celebra por segunda vez no Valadouro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com