19 establecementos rurais darán vida en Lugo ao Outono Gastronómico

A 12 edición do Outonos Gastronómicos en Turismo Rural, chega este ano a 19 establecementos rurais da provincia. Así o presentou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de Francisco Almuíña, propietario de Casa do Romualdo, en Vilela, Taboada, e que deron conta das numerosas posibilidades que este programa ofrece aos usuarios cada fin de semana dende o 14 de setembro ao 16 de decembro.

O delegado explicou que esta nova edición comezará o vindeiro venres, 14 de setembro e porá o punto final en decembro. Turismo de Galicia promove esta iniciativa na tempada outonal co obxecto de potenciar a oferta turística e reforzar este sector como piar fundamental da economía.

Balseiro, que estivo acompañado por varios representantes dos establecementos participantes, salientou que esta iniciativa que se desenvolverá ata o 16 de decembro  contribuirá a afondar na liña de desestacionalización da demanda turística, que foi un dos retos fixados na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento acordado entre a Xunta e o sector que recolle os compromisos, retos e as oportunidades neste eido

O ‘Outono Gastronómico’ trátase dunha exitosa proposta de turismo rural que combina restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos. O delegado territorial explicou que os establecementos participantes ofertarán 38 menús diferentes deseñados expresamente con motivo desta cita, e que serán elaborados con produtos galegos de recoñecida calidade.

O Outono Gastronómico en Turismo Rural ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros, ás súas preferencias ou á duración da estadía. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro.

Desde os 30 euros, para un único comensal, e ata un máximo de 300 para unha familia de catro persoas que desexe pasar unha fin de semana, as catro opcións que ofertan dende os alonxamentos contan coa elección entre dous menús, a pernoita por un ou máis días e, incluso, o almorzo, nalgúns dos casos.

O delegado destacou que, como en edicións anteriores, hai guías divulgativas á disposición do público, que poderán atoparse nos establecementos participantes e en edificios públicos, entre eles as oficinas de turismo. A información relativa a este programa está ademais dispoñible en internet, tanto na web turismo.gal como na páxina outonogastronomico2018.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com