O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o Presidente Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo, José Francisco Real, e a xornalista e madriña desta edición, Manola Porto, presentaron esta tarde no Salón do Centro do Viño Ribeira Sacra de Monforte de Lemos a X Edición do concurso de tapas “Cume tapas”, coa colabora o Goberno da Deputación. Esta 10ª Edición celebrarase dende o 26 de maio ata o 10 de xuño, e participan 20 establecementos.
