O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, entregaron este sábado os premios da V Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo que se celebrou nas instalacións dos Robles.
Na proba deportiva participaron máis de 200 nadadores, sendo esta unha cifra récord na historia desta travesía enmarcada dentro do circuíto galego de augas abertas. Entre eles, campións de España e Portugal en categorías Junior e Absoluta, o que lle confiriu á proba maior prestixio a nivel nacional.