21 asociacións de toda a provincia participan no I Friulio

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este sábado no I Friulio, o encontro de asociacións de recreación castrexa e romana que se celebra os días 25 e 26 de marzo, no entorno do río Narla no Concello de Friol, coincidindo cos 25 anos da Feira do Queixo e Pan de Ousá. O Goberno da Deputación colabora coa Asociación de Recreación Histórica de Friol A Castronela, a organizadora da festa, a través da TIC que elaborará diversas reportaxes para contribuír á difusión e promoción do I Friulio por toda a provincia.

Santos Ramos subliñou que “dende o Executivo Provincial colaboramos co I Friulio a través da TIC, que gravará toda a xornada e realizará varias reportaxes para promocionar esta recreación castrexa, ao mesmo tempo que difundimos e poñemos en valor unha das citas gastronómicas máis importantes na nosa provincia e un atractivo turístico, como é a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, que nesta edición cumpre 25 anos de historia”.

O I Friulio, “que debe ao seu nome á suma de Fri de Friol e ulio do mítico Monte Medulio, onde transcorreu a batalla dos últimos guerreiros galaicos, cántabros e astures, reunirá a un total de 21 asociacións, entre elas, a organizacións culturais de Friol e 15 de Lugo vinculadas principalmente ao Arde Lucus. Ademais, unha das actuacións máis destacadas correrá a cargo da Asociación Tierra quemada de Soria, que recreará un enterro celtíbero con explicacións dun dos arqueólogos de Numancia.

Programación.

Sábado 25 de marzo.

Ás 11:00 horas.- Chegada do druída e dos guerreiros a cabalo

Ás 11:15 horas.- Chegada dos clanes ao Friulio

Ás 11:30 horas.- Taller de moedas e escritura

Ás 11:45 horas.- Taller de coiro

Ás 12:00 horas.- Xogos populares

Ás 12:30 horas.- Ordine Mutatio (Cohors III)

Ás 13:00 horas.- Demostración de fiado

Ás 13:15 horas.- Actuación dos grupos Xesta Verde e Agarimo

Ás 13:35 horas.- Entrega de obsequios ás asociacións participante

Ás 16:30 horas.- Celebración da ofrenda a Bonadea

Ás 16:30 horas.- Gastronomía castrexa

Ás 16:45 horas.- Xogos castrexos (Asociación Carballo e Clan de Breogán)

Ás 16:45 horas.- Taller de moeda e escritura (Pax Romana)

Ás 17:15 horas.- Ofrenda castrexo romana

Ás 18:45 horas.- Asedio a Friulio

Ás 20:15 horas.- Enterro celtíbero (Tierra Quemada)

Ás 21:30 horas.- Actuación das formacións musicais Gaia Pandereiterias, Trécolas, Tango en Xaneiro e Alvariza

Ás 23:00 horas.- Verbena con Claxxon e Dj Expósito

 

As actividades que se realizarán ao longo da xornada do domingo son as de elaboración de pan (Panadería Romana Cohors III), Quesera (Asocación Castronela) e xogos populares. Os obradoiros desenvolveranse en torno ao paso fluvial, o poboado castrexo estará nun extremo e o campamento romano noutro.

A Castronela

A Asociación de Recreación Histórica de Friol A Castronela naceu hai dous anos da man dun grupo de veciños do Concello de Friol que estaban integrados en diversas asociacións culturais e de recreación histórica. Neste momento conta cuns 90 socios, dos que un terzo son mulleres, outro homes e un terceiro, nenos. Considéranse, unha asociación familiar que ten entre os seus principais obxectivos implicar aos cativos nas actividades para darlles a coñecer a historia do Concello e da provincia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com