Esta tarde tivo lugar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo a presentación do libro 22 segundos, de Eva Mejuto, no que a autora relata anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual. Á presentación asistiron a Deputada de Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; a autora do libro, Eva Mejuto; a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, e o primeiro menor trans de Galicia en mudar legalmente o seu nome e sexo, Pablo San José. Despois da presentación, celebrouse unha mesa redonda na que interviñeron Eva Mejuto, Cristina Palacios e Pablo San José.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.