A Delegación Territorial acolleu a presentación do Campionato de España de Motonaútica por Radiocontrol

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá, a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico, que se celebrará no embalse de Río Cobo, en Cervo, esta fin de semana, concretamente o 24 e 25 de xuño. Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, o concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto; o delegado provincial da Federación Galega de Radiocontrol Térmico, José Soto; e Emilio Cadaveira piloto e membro tamén da Federación de Radiocontrol Térmico.

Balseiro aclarou que este campionato axuda  a diversificar a oferta da mariña durante a época estival, potenciando así o deporte, o lecer e o turismo. Xa que ao celebrarse no embalse do río Corbo “esto axuda a desfrutar dun espectaculo deportivo e aproveitar o entorno do embalse dando a coñecer un dos rincóns da comarca máis descoñecidos“.

Por outro lado, Emilio explicou que “está a prevista a participación de 32 pilotos procedentes de toda a xeografía española e máis de 70 embarcacións náuticas” que competirán nas distintas categorías. Ademáis os tres mellores pilotos da proba clasificaránse para participar  no Campionato do Mundo que se celebrará en Francia o vindeiro ano.

Por último, o piloto aclarou que as lanchas, teñen una lonxitude aproximada de 1,20 metros e chegan a acadar os 120 km/hora, polo que os participantes deben posuír a licenza de piloto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com