Esta fin de semana celebrase unha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra do Monforte de Lemos. Unha iniciativa diferente, que inclúe un amplo programa de actividades en torno ao viño, o auténtico protagonista do festival. Nesta edición participan 25 adegas da D.O. Ribeira Sacra. Todas estas adegas ofrecerán ao visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.
O “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte” é un evento destinado a público de todas as idades, onde os viños desta D.O. son os auténticos protagonistas, xa que son o vehículo capaz de unir historia, tradición e cultura e na que todos os visitantes vivirán unha experiencia inesquecible.