A Deputada de Promoción económica e social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro este xoves con 20 alumnos de secundaria do IES Anxel Fole de Lugo, que aproveitaron a xornada de portas abertas que ofreceu o Executivo Provincial para coñecer de primeira man os 10.000 metros cadrados de hortos urbanos da Deputación no Rato e Paradai. Con esta actividade, os nenos acompañados de monitores, coñeceron os máis de 50 distintos tipo de cultivos presentes neles. Tamén comprobaron como cultivar e protexer as plantas cun plan ecolóxico que serve para obter cultivos sostibles así como para observar a necesidade de manter un entorno sostible.
López Izquierdo destacou que “dende o Goberno da Deputación, dende fai anos, estamos comprometidos con este proxecto, por este motivo decidimos investir preto de 120.000 euros a esta iniciativa que permite revalorizar espazos verdes da cidade e concienciar sobre a necesidade de levar a cabo un cultivo sostible e respectuoso coa terra na que vivimos. É fundamental educar aos rapaces dende pequenos no aproveitamento sostible dos recursos que nos ofrece o medioambiente, tan vital para o futuro da nosa provincia.”