25 universitarios sénior celebran o seu acto fin de curso na Casa do Saber

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado no acto de fin de curso da segunda promoción de graduados e graduadas sénior do IV Ciclo Universitario da USC, que tivo lugar na Casa do Saber de Lugo. A esta cerimonia tamén asistiu o Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, o Deputado de Relación Institucionais, Álvaro Santos, a madriña desta promoción, Carolina Casa, a directora deste ciclo, Esther Oliveira e a subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia da Xunta, Carmen Orgueira.

Durante o acto, a rexedora fixo fincapé no denominador común que comparten os 25 universitarios sénior, “o coñecemento polo coñecemento”. Así mesmo subliñou o éxito do ciclo sénior e enxalzou as gañas de seguir aprendendo que manteñen, non por crecemento profesional, senón polo persoal.

Durante a cerimonia, os novos titulados, recibiron as insignias e os diplomas que os acreditan como graduados do IV Ciclo da USC, e para clausurar a xornada, os participantes compartiron un almorzo de confraternidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com