28 nenos con capacidades diferentes reciben atención personalizada da APNED

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, mantivo hoxe un encontro con usuarios de APNED (Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense), xunto á representante deste colectivo, María del Carmen Iglesias Fuentes. Fíxoo para coñecer, in situ, o resultado da colaboración que mantén o Executivo Provincial con APNED para mellorar a calidade de vida dos 28 nenos e nenas con capacidades diferentes que a integran.

O Goberno da Deputación colabora con esta entidade cunha achega anual de 10.000 euros. Estes fondos permiten sufragar as necesidades de atención profesional dos mozos e mozas de ata 18 anos que atende a asociación, así como os gastos derivados do servizo ambulatorio, pois os usuarios reciben os coidados nos seus propios fogares. López Izquierdo lembrou o compromiso e a aposta decidida do Executivo Provincial por garantir medidas que melloren a súa calidade de vida e benestar.

APNED é unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2001 por pais de nenos e nenas con capacidades diferentes que ofrece, a día de hoxe, atención individualizada a usuarios de 8 concellos mariñáns: Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Viveiro e O Vicedo. Este colectivo, creouse co fin de dar un servizo de atención e integración nun contexto ordinario, traballando na súa autonomía e en aspectos relacionados coa vida diaria. APNED ofrece atención, integración e apoio a todo tipo de usuarios con capacidades diferentes, aínda que a día de hoxe o 85% dos nenos que a integran padecen TEA (Trastorno do Espectro Autista).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com