30 emprendedores participan no primeiro almorzo networking do Localmente Lucense

O Hotel Fórum Ceao acollía esta mañá a primeira actividade de networking, que reuniu a 30 emprendedores lucenses. Unha iniciativa enmarcada no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha polo goberno lucense.

Un almorzo a modo de networking que pon en común aos sectores que operan na cidade e brinda a oportunidade de cruzar alianzas, sinerxias e negocios entre as diferentes áreas de actuación. Neste primeiro almorzo, no que tamén participou a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, a rexedora lucense incidiu na importancia de manter estes encontros para “aprender uns dos outros, coñecendo cal é a situación individual, fomentar o espírito emprendedor, así como seguir dando a coñecer a campaña Localmente Lucense”.

Por unha banda, o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, dentro do cal se realizarán, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas  de formación en áreas como administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática e comunicacións, internacional, marketing dixital, packaging, promoción e venda; asesoramento ‘in situ’ sobre escaparatismo ou iluminación; xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello; ou e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E por outra, un Plan de dinamización de barrios  que se desenvolverá por cinco zonas da cidade, incluíndo todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños nas rúas.

A alcaldesa destacou que “esta actividade esta pensada para unir ao tecido empresarial,  xa que son as empresas as que crean emprego e xeran actividade económica na nosa cidade, de tal xeito que impulsar e apoiar este tipo de iniciativas e os diferentes proxectos empresariais repercutirá en xerar emprego e riqueza para os nosos veciños e veciñas”.

A rexedora apuntou que estes encontros teñen un claro obxectivo que é “facilitar sinerxias e que os asistentes compartan coñecemento empresarial, sendo unha oportunidade única na procura de puntos en común e unha forma de demostrar o apoio do Concello á empresa e á economía local”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com