30 gandeiros lucenses inauguran o Centro de Recría da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron esta mañá na apertura do Centro de Recría coa entrada de novelas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorporaranse as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde está situado o centro, 100 xovencas e a partir de agora todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia de Lugo terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.

O Presidente destacou que “hoxe é un día moi importante para a provincia de Lugo. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros estea en funcionamento. Fixemos un esforzo inversor de 12 millóns de euros para a construción en solitario destas instalacións, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, unha vez máis, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra. Sen dúbida, iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois coa posta en marcha deste centro duplicaremos a capacidade de recría que existe en toda a Comunidade Autónoma, acadando exemplares cun alto valor produtivo e xenético”.

Trátase do primeiro centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela, como Francisco Sineiro e Eduardo Yus.

Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros.

“No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. E o facemos porque este proxecto, financiado pola Deputación con cartos que son de todos os lucenses, naceu coa intención de facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos, ao tempo que impulsamos a economía de toda a provincia, pois xerará uns beneficios de 3 millóns de euros anuais, unha vez que o centro funcione a pleno rendemento, e creará un mínimo de 10 postos de traballo, ademais de contribuír a manter ducias de empregos vinculados ao sector” subliñou Campos Conde.

No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en info@recriacastro.es ou en www.deputaciónlugo.gal.

O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias… Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com