31 figuras da Colección Edelmiro Ulloa doadas ao Belén de Begonte

A colección de figuras do Belén do sacerdote Edelmiro Ulloa (1933-2021), ven de ser doada ao Belén de Begonte polo sobriño deste, o profesor e escritor Xosé Carlos Ulloa. Edelmiro Ulloa, nomeado en 1980 Capelán do Hospital Xeral de Lugo, foi un sacerdote moi querido na
sanidade e na sociedade lucense, desenvolvendo moi importante labor na institución sanitaria, creando a Coral do Hospital e o Grupo de Teatro “Lucho”. Polo Nada, sempre montaba un Belén, para o que foi adquirindo numerosas figuras artesanais.

Un total de 31 figuras foron entregadas por Xosé Carlos Ulloa ao Belén de Begonte, destacando entre elas 9 casas, 2 pallozas, 2 horreos asturianos, 2 carros con vacas e un tirado por cabalo, 1 cortador de leña, 1 ferreiro, 1 igrexa, 1 arado tirado por vacas, 1 roda de afiar e unha
máquina de mallar con motor e limpadora.

Varias destas figuras van ser incorporadas este ano, tanto ao Belén de Begonte na súa LIII ediciónn como ao Museo do Belén, destacando a figura móbil da máquina de mallar que contrastará coa escenificación do traballo co “malle” tradicional.

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte, agradece publicamente a Xosé Carlos Ulloa a doazón desta artística herdanza de Edelmiro Ulloa, que constitúe unha importante aportación ao noso Belén.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com