32 máquinas acondicionan as vías de 35 Concellos por acumulacións de xeo

O Goberno da Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 64 operarios e 32 máquinas acondicionaron as estradas provinciais en 35 Concellos, nas que se distribuiron 800 toneladas de sal.

Arestora, todas as estradas están abertas ao tráfico, e actuaronse practicamente en todas as estradas da Montaña. O Goberno da Deputación manterá o dispositivo activado pois a previsión é que continúe as baixas temperaturas ao longo destes días. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com