Cidadáns pregunta ao alcalde de Burela sobre o problema do CEIP Virxe do Carme

Cidadáns solicita ás administracións, Xunta e Concello de Burela que acaten as competencias e responsabilidades que teñen designadas por Lei e esixe ás mesmas “dean solución ás demandas da dirección e o ANPA do CEIP Virxe do Carme de Burela de forma inminente e definitiva” explicou Manuel Vicente coordinador e portavoz de Cidadáns na Mariña lucense.

“Na campaña das eleccións municipais do 2015, Cidadáns tivo a oportunidade de reunirse coa dirección do colexio e xa naquel momento, trasladáronnos os problemas que tiñan de pingueiras, filtracións e humidades, os mesmos que case 4 anos despois segue demandando a comunidade educativa” ha sinalado o coordinador de Cs a Mariña.

Desde Cidadáns denúnciase a inactividade e deixamento do Alcalde do PSOE de Burela, neste asunto, xa que en 3 anos e medio de mandato “non fixo case nada”. “Se cadra, este alcalde debería deixar de pedir dimisións e debería ser o que dimitise” denuncia o portavoz local de Cs quen considera que “este alcalde non pode esperar a que a dirección do centro e o ANPA salga á rúa cos nenos e nenas á palestra para focalizar nos medios o problema que están a sufrir durante preto de 4 anos.

Se a Xunta de Galicia deixou de acometer as súas responsabilidades debe de actuar como un alcalde desde o minuto un da detección desa deixadez e actuar coa Lei na man, e se na contra, ese deixamento cometeuno o Concello, a Xunta de Galicia debe actuar da mesma maneira cos instrumentos que ten”. Por todo iso desde Cs ínstase o alcalde de Burela a que actúe dunha vez e que non se acorde dos problemas que ten Burela “só cando saen nos medios, para despois dar desculpas ou botar balóns fóra”.

“O profesorado, as nais e pais, e sobre todo os nenos e nenas de Burela teñen o dereito de acudir dentro das aulas sen paraugas e chubasqueros”, unha lamentable situación que, segundo Manuel Vicente vai máis aló, xa que “Máis aló do problema, resulta vergoñoso a falta de seriedade institucional e de deixamento de funcións que demostra este goberno local” conclúe o portavoz local de Cs.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com