38 artistas participaron no 20º Certame de Pintura Rápida de Lugo

Un total de 38artistas inmortalizaron distintas zonas de Lugo durante o día de hoxe no 20º certame de Pintura Rápida ao aire Libre Cidade de Lugo.

O xurado estivo composto por Encarna Lago, Iago Eireos e Noa Persán, e deu como gañador a Andrés Gabarres. O segundo posto outorgóuselle a Rafael Carrascal e no terceiro lugar premiaron a Miguel Anxo Martínez. Os tres primeiros clasificadas recibiron un premio de 1.600€, 1.100 e 900, respectivamente

Os 5 accésit, cun premio de 300€ foron para os seguintes participantes: Isabell Seidel, Pablo Rodríguez, Benjamín Castillo, Fernando Sánchez e Piedad Santamaría.

En canto ao premio para o artista local, cun valor de 450€, o xurado decidiu a Ruth Miguel Díaz entre os 9 participantes desta categoría.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com