4.000 persoas daranse cita no Pazo de Feiras e Congresos na celebración do Día do Veciño

Máis de 3.500 veciños da provincia celebrarán xuntos o Día do Veciño o vindeiro 24 de setembro, nunha comida no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O entorno do río Miño foi, un ano máis, a aposta da Federación de Veciños de Lugo para acoller os actos deste día, xa sinalado nos calendarios das asociacións veciñais da provincia e que comezarán ás 12.00 horas co tradicional partido de fútbol no campo da Cheda.

Así o anunciaron esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o presidente da Deputación, Darío Campos nun acto celebrado nos xardíns de San Marcos. Nesta presentación estiveron tamén presentes o Presidente da Federación de Asociacións Veciñais, Jesús Vázquez, e o coordinador do evento, Luis Abel que estuveron respaldados por unha trintena de representantes dalgunas asociacións veciñais da provincia.

Á comida acudirán, previsiblemente, unhas 4.000 persoas todas membros de diferentes asociacións veciñais da provincia, autoridades e medios de comunicación, que deberán pagar unha entrada, de carácter simbólica, de 3 euros para recibir un menú de comida autóctona, como pementos de Mougán, chourizos Ceide, empanadas Illán, embutidos, pan de Antas de Ulla ou viño da Ribeira Sacra, promocionando, deste xeito os produtos da provincia.

Durante o transcorrer do xantar, intercalaranse tamén actuacións de diferentes grupos musicais. Ao finalizar, os membros da federación  así como os diferentes representantes institucionais, entregarán as ‘V’ de Veciño Exemplar, como premio á toda esa xente que se move a prol da provincia. Cos premios se homenaxea e recoñecen a labor dun total de 27 socios que, no decorrer deste ano, destacaran por desempeñar un especial protagonismo na dinamización e
promoción da súa comarca. Neste ano serán galardoados, por exemplo, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias; o Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández; así como a medios de comunicación e empresarios lucenses comprometidos coa provincia.

O Presidente  da Deputación asegurou que o ente provincial colabora con esta cita, “que é punto de encontro para milleiros de veciños de ducias de concellos lucenses e coa que construímos a identidade da nosa provincia”, apuntou. Ademais da colaboración provincial, esta cita, conta co apoio do Concello de Lugo, que asume os gastos de intendencia
como mesas, cadeiras, escenarios ou megafonía; así como ABANCA, GADIS e a Xunta de Galicia, que destina 3.000 euros.

Méndez López destacou “o grande traballo que a Federación de Veciños leva a cabo para conseguir mellorar os dereitos dos lucenses, en ámbitos tan importantes como o sanitario, infraestruturas no rural ou comunicacións, esenciais tanto para a cidade de Lugo como para toda a provincia”. Neste senso, a rexedora municipal apuntou que “o tecido asociativo lucense é sen dúbida algunha un dos piares máis importantes dos que dispomos, feito que debemos preservar pois, Lugo non se entende sen a Federación”.

Jesús Vázquez agradeceu a colaboración dos Gobernos Provincial e Municipal “que sempre amosaron a súa disposición por colaborar connosco, tendéndonos a man e recibíndonos sempre coas portas abertas”, asemade, expresou o lema que encabeza este ano o día do veciño: ‘Lugo en pé, na defensa do rural’

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com