4 novos positivos elevan a 34 o número de infectados por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Confírmanse outros catro casos positivos de persoas afectadas por Covid-19 na comarca de A Mariña, o que eleva a 22 o número total de casos detectado na Mariña, e a 34 o número de infectados por coronavirus na área sanitaria de Lugo, o dobre que a semana pasada.

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 308, deles 75 son da área da Coruña, 34 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 304 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.606 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 174.369.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com