Un traballador do Cemiterio Municipal deu positivo en Covid-19 polo que segundo indica o protocolo, o persoal que tivo contacto con ese traballador infectado debe pasar o período de corentena. Así o anunciou a concelleira responsable da área de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López.
Asende, López afirmou que “estamos a traballar xa en reforzar o persoal para poder continuar coa actividade habitual da instalación seguindo o plan de actuación elaborado para responder en caso de contaxio”.
A edil de Participación lembrou que se realizará unha desinfección exhaustiva da instalación e amousou o compromiso da área de Participación para “colaborar coas empresas funerarias e evitar que esta situación non xere ningún tipo de alteración no funcionamento do Cemiterio”.