Máis de 40 persoas procedentes do municipio do Incio participaron esta mañá nunha xornada de repoboación da canteira de Cementos Cosmos no val de Mao. A iniciativa permitiu plantar un total de 500 carballos e bidueiros, grazas á colaboración dunha vintena de persoas da residencia de maiores da Fundación Rosendo e o esforzo de 21 escolares do colexio Ricardo Gasset de entre 3 e 12 anos.
A xornada arrancou cunha visita de Laura Celeiro, alcaldesa do Incio, á fábrica de Cementos Cosmos en Oural. A rexedora contou coas explicacións dos responsables de producción para coñecer o funcionamento dunhas instalacións que xa non reciben caliza da canteira, e si pizarra.
Tras o percorrido procederon a plantar as árbores que axudarán a recuperar os valores ambientais na parte xa explotada da canteira. As especies elixidas, de crecemento lento, destacan pola súa adaptación ao entorno, con vistas a unha rexeneración respetuosa co entorno.