A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou na clausura e entrega de diplomas da Fase Final Galega da Olimpíada Matemática 2019, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), na que participaron 40 rapaces de 2º da ESO de 30 centros educativos de toda Galicia. As probas, realizadas no Círculo das Artes, constaron de 5 problemas matemáticos, nos que se primou o método de resolución e a súa orixinalidade por riba da corrección do resultado, os participantes dispuxeron dun tempo máximo de dúas horas para realizar as probas e podendo levar consigo calculadora e material de debuxo (regra, compás…).
López Izquierdo destacou “é importante que os máis novos comprendan que ás matemáticas van máis alá da mecánica das operación, xa que son unha ferramenta indispensable para aprender a pensar, estimulando a reflexión e a creatividade”.
Os primeiros clasificados nesta proba poderán participar na Final Española da Olimpíada Matemática terá lugar en Xaén a finais do mes de xuño. Paralelamente á proba os acompañantes realizaron unha visita ao Museo Provincial de Lugo, e pola tarde houbo un Circuíto Matemático por equipos no centro da cidade, de carácter lúdico.