400 deportistas con capacidades diferentes participan nos Xogos Autonómicos de Natación

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este sábado, os XXI Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual. Trátase da competición que organiza Special Olympics Galicia que conta con 400 nadadores, dos cales 111 son da provincia de Lugo, e que ten lugar nas piscinas municipais das Pedreiras. O Goberno da Deputación colabora con este colectivo cunha achega económica de 8.000 euros para a celebración de actividades durante todo o ano. No acto tamén participaron o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández; o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; e o Presidente de Aspnais, José Reigosa.

López Izquierdo puxo en valor este tipo de iniciativas e felicitou a Special Olympics “por organizar estes xogos, que traballan para botar abaixo barreiras e obstáculos físicos e prexuízos, que son os que realmente entorpecen a total integración. O espírito de colaboración e superación destes 400 deportistas, fortalece aspectos tan importantes como a autorrealización e o recoñecemento propio”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com