400 padexeiros de Galicia e Asturias déronse cita na Travesía de Foz

O Voceiro do  Goberno Provinccial, Álvaro Santos Ramos, asistiu esta tarde á 56 edición Travesía de Foz, na que participaron 400 padexeiros, con máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias.

O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega  7.000 euros. Este investimento permite a organización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.

As modalidades que compiten nesta proba son K1, K2, C1 e C2, puntuables para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterano, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com