400 variedades de camelias decoran esta fin de semana o Museo Provincial de Lugo

O Claustro do Museo Provincial de Lugo acolle esta fin de semana a IV Exposición da Camelia, na que participan preto de 20 expositores chegados de toda Galicia, dende a zona do Rosal de Pontevedra ata a zona de Ribeiras do Sor na Coruña.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou hoxe esta mostra, nun acto que estivo amenizado cun concerto de guitarra clásica a cargo de Arnt Bünz, profesor de guitarra clásica e  eléctrica polo conservatorio Johanes Brahns de Hamburgo, xunto ao seu alumno José Juan López.

É a cuarta exposición que leva a cabo a Asociación Galega da Camelia en Lugo para transmitir, compartir e difundir a beleza desta planta polo seu interese estético e histórico, ao tempo que se dinamiza a actividade lúdica da cidade amurallada. En cada mesa, preséntase a colección de camelias dun só expositor e as flores dispóñense en pequenos grupos que conteñen unha mesma variedade. En total, calcúlase que existen entre 20.000 e 30.000 variedades rexistradas. Durante a exposición pódense contemplar aproximadamente 400 variedades diferentes de camelias, todas elas cultivadas en Galicia.

A mostra estará aberta mañá de 11:00 a 14:00 horas e a entrada é totalmente gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com