44 asociacións de recreación histórica participan no Gran Desfile do Arde Lvcvs

Lvcvs Auvgvsti recoñeceu este mañá o laborioso e fidedigno traballo das 44 asociacións de recreación histórica que participan no Gran Desfile do Arde Lvcvs, unha das actividades máis clásicas e con máis éxito de público destes festexos. O Concello homenaxeou tanto ás 17 asociacións locais, como ás 17 do resto de Galicia, do territorio español e europeo, como Francia, Italia, Rumanía ou Portugal, que se achegan esta fin de semana á cidade.

A Alcaldesa de Lugo e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, recibiron este sábado a todas as tropas e lexións, nun acto no fondo da Praza Maior, xusto ao lado dos fundadores da cidade, ao
que tamén asitiu o César Augusti, Paulo Fabio Máximo e Caio Antistio.
Neste acto tamén houbo distincións para patrocinadores e entidades colaboradoras destes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional, como a Deputación de Lugo, Estrella Galicia ou Viaria Regium, así como para o colectivo español e europeo de asociacións de festas e manifestacións históricas. O Concello tamén quixo homenaxear a Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N`og, que cumpren 10 anos traballando no Arde Lvcvs, ao igual que fixera o pasado ano coa Cohors III Lucensium.
Ao longo da fin de semana, o Concello e as 17 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos teñen preparadas máis de 350 actividades dirixidas a todos os públicos, o 90% delas novidosas. Nesta segunda xornada celebrarase o Asalto ao Monte Medulio, a sesión do Circo Medulio, e terá lugar un espectáculo de lume e auga,
Divinivm, ás 23:55:00 horas. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas ou teatro son outras das actividades coas que se pode gozar ao longo deste sábado. E xa de entrada na madrugada, ás 1:30 horas o concerto de Gwendal na praza de Santa María.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com