44 operarios e 21 máquinas acondicionan vías en 11 Concellos por acumulacións de neve

O Goberno da Deputación mantén activado o dispositivo de Inverno para facer fronte ás acumulacións de xeo e neve na rede viaria provincial, producidas durante esta madrugada. Un total de 44 operarios e 21 máquinas están a acondicionar as estradas provinciais e municipais máis afectadas.

Os operarios do dispositivo invernal da Deputación están a limpar, arestora, estradas nos Concellos de Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Para o acondicionamento destas vías, utilizáronse aproximadamente 30 toneladas de fundente, menos agresivo tanto para os asfaltos como para o propio medio ambiente. Dende as 13:00 horas practicamente a totalidade das estradas da rede viaria atópanse listas para o tráfico rodado. O dispositivo de Inverno da Deputación continuará traballando na rede viaria provincial, a máis extensa do estado, co fin de garantir a seguridade das principais vías de comunicación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com