46 usuarios de ASPANANE visitan Rectoral de Gundivós

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañou hoxe a usuarios e monitores da ASPANANE (Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais), que fixeron a ruta en catamarán que ofrece o Executivo Provincial en Doade.

Foron un total de 46 persoas deste colectivo lucense as que realizaron, gratuitamente, a ruta do “Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina. Durante a xornada os integrantes da excursión visitaron as instalacións de Rectoral de Gundivós, no Concello de Sober, e coñeceron de primeira man como traballan os profesionais da artesanía a través dunha demostración en vivo de olería.

Estas actividades están enmarcadas dentro da programación de viaxes por toda a provincia que desenvolve ASPANANE para fomentar a integración social de todas estas persoas. En concreto, a visita a Rectoral de Gundivós foi moi importante para a aprendizaxe práctica dos usuarios deste colectivo, pois no Centro Ocupacional que teñen en Viveiro, desenvolven, a diario, obradoiros de cerámica, carpintería, serigrafía ou tampografía.

Durante o encontro, Santos Ramos entregoulle a cada participante un xogo de puzzles e crebacabezas co obxectivo de potenciar a estimulación cognitiva e habilidades motrices de cada un deles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com