50 aniversario da fundacion de Aspnais

Este 8 de xaneiro de 2015, cúmprense cincuenta anos do nacemento en Lugo de Aspnais, a asociación dedicada á atención e promoción dos persoas con capacidade intelectual. o acto fundacional celebrouse o 8 de xaneiro de 1966, na deputación provincial, aprobándose os primeiros estatutos da asociación, e elixíndose a primeira xunta directiva formada por Manuel  Millán López (presidente), Antonio Raíces Otero (vicepresidente), Pedro Fernández-Paíno Vila (secretario), Benito Lázaro Rojo (vicesecretario), Angel Blanco Benito (tesoureiro-contador), e os vocais Serafín Mazoy Pérez, Baldomero Veiga Veiga, José García Castro, Bernardo Vila Dacal e Juan Real Veloso.

Con motivo deste cincuentenario, ASPNAIS vai celebrar diversos actos que abarcarán todo o presente ano, actos que se iniciarán o próximo 15 de xaneiro, venres, cunha misa na Catedral Lucense ás 19,00 h., oficiada polo Bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, que será cantada polo Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, acompañado ao órgano polo cóengo de música da Catedral, Luis Varela Castiñeira.

A continuación (20,30 h.), no salón rexio do Círculo das Artes celebrarase unha cea-festival, onde será presentado o spot e reportaxe sobre Aspnais confeccionado pola Fundación TIC, entregarase o agasallo do Cincuentenario a varios directivos da entidade ou familiares destes, e os usuarios dos diversos talleres da asociación presentarán os seus traballos ás autoridades presentes e a tódolos invitados a esta celebración inaugural. Participarán nesta actividade a escola de danza Ritmo Lugo e os gaiteiros da asociación Cántigas e Frores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com