500 persoas poderán participar nas actividades medioambientais da Deputación

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou no Centro de Interpretación Terras do Miño a nova programación de actividades medioambientais do terceiro trimestre que se celebrarán no Centro de  Interpretación Terras do Miño e na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, na que poderán participar de balde máis de 500 persoas de todas as idades.

Fernández Queipo sinalou que “neste cuarto trimestre, as actividades, deseñadas para todo tipo de públicos, están centradas, especificamente, en produtos típicos do outono tales como os fungos ou as castañas”. O Deputado lembrou que a través destas actividades o Goberno da Deputación busca incentivar o interese pola riqueza da provincia, tanto natural como patrimonial, gastronómica…, ao tempo que se forma e se conciencia á cidadanía de prácticas responsable co medio ambiente.

O Deputado remarcou que o executivo pon en marcha esta programación debido ao intereseque esperta na xente este tipo de iniciativas. Non en vano, tan só durante este ano, foron 1.330 os lucenses que participaron nesta programación lúdica e tamén formativa, e totalmente gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com