Os pais que levan os seus nenos á gardería do barrio do Sagrado Corazón que Abanca quere pechar, entregaran mañá ás once no rexistro da Xunta de Galicia, logo no Concello e posteriormente en Abanca, as 5000 sinaturas que recolleron en dúas semanas.
As sinaturas irán dirixidas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, á Consellería de Traballo e Benestar e ao Concello de Lugo, para que tomen cartas no asunto e axuden a evitar o peche da gardería da obra social das antigas caixas, e que ABANCA respecte o acordo alcanzado coa Xunta para manter a obra social durante 30 anos así como os postos de traballo.
Os pais tamén solicitaran unha reunión coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para tratar o tema do peche da gardería e as súas posibles solucións, así como para que a Xunta actúe de mediador coa entidade financeira.