Un novo aumento do número de positivos por Covid-19, achega á provincia de Lugo aos preto de 800 casos activos. A significativa suba de 53 pacientes confirmados onte que se suman ás, tamén altas, cifras dos últimos días fan que a provincia continúe en alerta vermella con 783 casos activos.
Con esto a presión hospitalaria sigue tamén á alza, e rexistraba á última hora de onte, 39 hospitalizados nos centros da provincia -6 máis que na xornada anterior-, e cinco deles, na Unidade de Coidados Intensivos do HULA. Ademáis, cabe destacar que no día de onte finaba un paciente diagnosticado de Covid-19, de 104 anos, no Hospital Lucus Augusti. Con él son xa 93 as persoas falecidas na provincia a causa do coronavirus.
Da outra banda, 16 persoas sumábanse onte ás xa máis de 3.200 altas recibidas na nosa provincia, dende o comezo da crise sanitaria.