59 novos positivos por covid 19 nas últimas 24 horas

Nas últimas xornadas parece que o avance do coronavirus, na área sanitaria de Lugo é imparable. E é que cada vez son máis os casos activos na provincia que suma xa un total de 673. Aínda que as altas son numerosas, 39 nas últimas 24 horas, o certo é que o número de positivos nas PCR son superiores día tras días. Así, nos datos dados a coñecer pola Consellería de Sanidade a última hora da tarde de onte, notificaban 59 casos novos. A presión hospitalaria mantense en cifras baixas aínda que tamén sube, contando os centros da provincia cun total de 31 persoas ingresadas, 2 delas na UCI.  Do outro lado da balanza, atopamos aos máis de 3.200 pacientes curados na provincia.

En canto ao coñecido como semáforo covid, co que se lle da unha cor a cada localidade para sinalar o número de casos positivos; Viveiro pasou hoxe ao nivel laranxa, no que se mantén tamén Bóveda. Lugo e Monforte de Lem os continúan en vermello, o nivel máximo de alerta, e Burela,  Baleira e Cospeito, sitúanse en amarelo. Ao gran número de localidades que continúan en nivel cero (o que sería, o verde) este luns únenselle as localidades de Vilalba e sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com