Os datos das persoas contaminadas polo andazo arestora no noso país ascenden a 292, deles 26 casos pertencen a Área de Lugo.
Das provincias galegas, a nosa e a que menos afectados mantén, non así as das áreas nas que o Sergas ten dividido o país; neste caso, Ferrol, con sete casos é a área menos afectada.
Dende o domingo en que se contabilizaron nove casos, pasamos a dezaseis onte luns e hoxe o total dos contaminados ascende a vinte e seis. Houbo un lixeiro aumento con respecto ao acontecido onte.
Sanidade lembra que os doentes graves deben chamar ao 061 e para síntomas leves ou consultas o número é: 900 400 116.